bolo
Audio 1

bolo1 substantivo masculino1 Calquera cousa que ten ou á que se lle dá forma de bóla ou esfera. Fixo un bolo de manteiga. SINÓNIMO bóla A la do xersei novo saca moitos bolos.2 Peza de pan, xeralmente arredondada e alta. Nós sempre compramos un bolo de quilo e medio. SINÓNIMO molete3 Tipo de pastel de formas variadas, que leva, ademais de fariña, ovos, azucre e graxas. Na vitrina tiñan catro clases de bolos.4 Pequena porción máis compacta que se atopa no seo dunha masa formada por unha substancia diluída nun líquido, e tamén cada porción arredondada distinguible nunha substancia coagulada. Remexe ben para que non se fagan bolos. SINÓNIMOS bolboroto, boloco, borboroto, cadabullo, cadullo, frade, gargalloto, gorolo1, grolo1, grumo1, paparote, torolo5 Vulto que sobresae a consecuencia dun golpe, en calquera superficie. Tropezou na porta e saíulle un bolo. SINÓNIMOS carolo, coque1, croque1, pote FRASES E EXPRESIÓNS CON bolo Bolo das ánimas Pan que se facía para os pobres. Cocía o bolo das ánimas para avogar por elas. Bolo de san Pantaleón Bolo que se cocía para dalo como esmola. Entregáballe o bolo de san Pantaleón ao primeiro pobre que aparecese. Bolo do pote O que se fai con fariña milla ou centea amasadas, do tamaño dunha pataca grande, e que se pon a cocer en auga ou caldo. Moito lle sabía ao meu pai o bolo do pote.

bolo
Audio 1

bolo2 substantivo masculino1 Masa formada polos alimentos mastigados e mesturados coa saliva. Na boca, o bolo é apertado contra o padal coa lingua, antes de envialo. SINÓNIMO bolo alimentario FRASES E EXPRESIÓNS CON bolo Bolo alimentarioBolo2 O bolo alimentario pasa ao estómago a través do esófago.

bolo
Audio 1

bolo3 substantivo masculino1 Zooloxía Peixe da subclase dos acantopterixios, de corpo alongado, sen aletas ventrais e cunha soa ala dorsal de raios brandos, que vive en bancos sobre fondos areosos ou de grava e do que se coñecen múltiples especies. Andaban bancos de bolos preto da praia. FRASES E EXPRESIÓNS CON bolo Bolo de area Zooloxía (Gymnammodytes semisquamatus) Bolo de cor entre castaña e dourada no dorso, ventre prateado e costados amarelados. O bolo de area adoita permanecer enterrado. Bolo pequeno Zooloxía (Ammodytes tobianus) Bolo de cor verde azulada no dorso, ventre prateado e costados de cor azul con bandas en tons prateados. O bolo pequeno de menor tamaño mide ao redor de vinte centímetros. SINÓNIMO areeiro

bolo

bolo4 Forma correcta: birlo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!