botón
Audio 1

botón1 substantivo masculino1 Xema que botan os vexetais e que dá lugar a unha póla, unha folla ou unha flor. Na primavera comezan a aparecer os primeiros botóns nas árbores. SINÓNIMOS abrocho, bota3, gomo, gromo, rebento, xema CONFRÓNTESE braveiro2 Flor que aínda non abriu. Collín uns botóns de rosa para facer un ramo.3 Pequena peza de metal, nácara etc., que, soa ou con outras iguais, se utiliza para unir o bordo en que vai cosida ao que ten os ollais ou como adorno en certas aberturas de moitas pezas de roupa. Os botóns das mangas da camisa, dunha chaqueta, da petrina etc. Perdín un botón do abrigo.4 Peza que ao ser pulsada pon en funcionamento un timbre, un circuíto eléctrico, un aparello electrónico etc. Pulsando un botón ábrese unha pequena porta. Os botóns dun aparello de vídeo.5 Deporte Chapa metálica redonda que se pon na punta da espada ou do florete para non ferir. Os dous espadachíns levaban o botón ao comezar a competición. FRASES E EXPRESIÓNS CON botón Botón de puño Instrumento composto de dúas pezas que serven para suxeitar o puño das camisas. Uns botóns de puño de prata.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!