branco, branca
Audio 1
Audio 2
Audio 3

branco (feminino: branca) adxectivo1 Que é da cor da neve, do leite etc., ou que se aproxima a ela. Papel branco. Xa ten o pelo branco. CONFRÓNTESE albelo, albo2 [Cousa] de cor clara, por oposición a outras máis escuras da mesma clase. Pan branco. Viño branco. CONFRÓNTESE albuxíneo3 [Persoa] que pertence a unha raza caracterizada pola cor clara da pel. Un individuo branco. Tamén substantivo Moitas veces os brancos discriminan aos negros.4 Deporte Da neve. O esquí é o deporte branco por excelencia. substantivo masculino5 A cor branca. A noiva ía de branco.6 Espazo que queda sen encher nun escrito ou impreso. Nos brancos foron escribindo os seus datos persoais. substantivo feminino7 Música Nota de valor equivalente á metade dunha redonda. No pentagrama aparecían brancas, negras e corcheas.8 Ficha do xogo do dominó que non ten puntos nunha das súas metades. Non tiña brancas para colocar.9 Moeda antiga fraccionaria do marabedí. A branca era unha moeda de pouco valor. FRASES E EXPRESIÓNS CON branco Arma branca VÉXASE arma Branca dobre Ficha do xogo do dominó que non ten puntos en ningunha das súas metades. Comezou o xogo cunha branca dobre. Branco do ollo Membrana máis externa do ollo. Tiña unha mancha vermella no branco do ollo. Branco do ovo A clara. Comíalle a xema e deixaba o branco do ovo. Branco e negro Aplícase ao sistema de transmitir ou imprimir imaxes exclusivamente nestas cores. Televisión en branco e negro. Fotos en branco e negro. Dar carta branca VÉXASE carta En branco 1 Sen estar escrito ou debuxado. Un papel en branco. 2 Referido á mente, sen ningunha idea, sen saber nada. Durante o exame quedou en branco. SINÓNIMO in albis 3 Cocido en auga sen lle engadir condimentos. Peixe con patacas en branco. Marca branca VÉXASE marca Non facer branca Non traballar nada. Non fixo branca en todo o día e quería cobrar o xornal. SINÓNIMOS non dar golpe, non dar pancada, non facer pancada, non mover unha palla Peixe branco VÉXASE peixe Roupa branca VÉXASE roupa Sen branca Sen ningún diñeiro. Dálle algúns cartos que está sen branca. Verso branco VÉXASE verso1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!