brazo
Audio 1

brazo substantivo masculino1 Anatomía Parte das extremidades superiores, que vai desde o ombreiro ata o cóbado. O úmero é o óso do brazo.2 Extremidade superior, que vai desde o ombreiro ata a man. O home ten dous brazos e dúas pernas. O neno rompeu un brazo.3 por extensión Pata dianteira dos animais cuadrúpedes. O cabalo mancouse nun dos brazos no último salto. SINÓNIMO man4 Cada un dos apéndices alongados e flexibles que teñen os cefalópodos. Ao polbo faltáballe un dos brazos. SINÓNIMOS raxo1, tentáculo5 Cada unha das partes laterais de certas cadeiras sobre as que se apoian os brazos. Senteime no brazo do sofá. SINÓNIMOS braceira, relleira6 Cada unha das prolongacións que saen do centro de certas cousas. Os brazos dunha lámpada. Os brazos dunha balanza. FRASES E EXPRESIÓNS CON brazo Brazo de mar Porción estreita de mar que entra na terra ou que separa dúas terras próximas. O Canal da Mancha é un brazo de mar que separa o Reino Unido de Francia. Brazo dereito Dise dunha persoa cando outra non pode prescindir da súa axuda. Era considerado o brazo dereito do candidato conservador. Brazo de río Cada unha das canles dun río, separada un treito do curso principal ou que desemboca directamente no mar. O delta é o terreo comprendido entre os brazos de río na súa desembocadura. De brazos cruzados Sen facer nada. Pasou toda a mañá de brazos cruzados. Non dar o brazo a torcer Manter de maneira obstinada unha determinada opinión ou postura. Éche testuda, non dá o brazo a torcer.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!