burro, burra
Audio 1
Audio 2
Audio 3

burro (feminino: burra) substantivo1 (Equus asinus) Mamífero da familia dos équidos parecido ao cabalo, pero máis pequeno e coas orellas máis grandes, que se domestica facilmente e se utiliza desde antigo como animal de carga ou de tiro. Unha carreira de burros. Ía coas mercadorías á praza no burro. SINÓNIMO asno2 Aparello xiratorio composto de dous madeiros que forman un ángulo recto e que se utiliza para erguer a moa do muíño, soportar a gramalleira etc. Cando as pedras van gastadas hai que picalas e utilízase o burro. SINÓNIMOS andante1, angarela, asnelo, guindastre substantivo feminino3 Vulto pequeno e benigno que se forma na pel. Era unha mulleriña con burras na man. SINÓNIMOS espulla, espunlla, lobado, verruga4 Orificio no que encaixa o gonzo dunha portela. A burra rompeu e moveuse a portela, haina que amañar. adxectivo5 Que ten poucos coñecementos ou ten dificultades para comprender as cousas. Un home moi burro. ANTÓNIMOS intelixente, listo Tamén substantivo É un burro, por moito que lle expliques as cousas non as entende. SINÓNIMOS fato2, parvo, torpe FRASES E EXPRESIÓNS CON burro Baixar da burra Convencer de algo a alguén que estaba obstinado no contrario. Custounos baixalo da burra porque é moi teimudo. Caer da burra Convencerse de algo. Mira que lle demostrei que está equivocado e non dá caído da burra.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!