cámara

cámara substantivo feminino1 Peza principal dunha casa, en particular, onde se dorme. Pasar á cámara. CONFRÓNTESE apousento, camarín1, cuarto1, dormitorio, estancia2 Aparello capaz de rexistrar imaxes para logo ser reproducidas fixas ou en movemento. Cámara de cine. Cámara de fotos.3 Recinto, compartimento ou espazo oco cunha función determinada dentro dun mecanismo ou dunha instalación. Cámara de aire dun pneumático. Cámara de carga dunha escopeta. Cámara frigorífica dun matadoiro.4 Cada unha das asembleas de representantes que forman o Parlamento. O Parlamento galego ten unha soa cámara.5 Organismo oficial que se ocupa de determinados intereses, principalmente comerciais. Cámara de comercio, industria e navegación. Cámara de agricultura. substantivo6 Persoa que manexa unha cámara de cine ou televisión. As imaxes filmounas un cámara da televisión francesa. FRASES E EXPRESIÓNS CON cámara Cámara alta Senado nos sistemas de goberno bicameral. Os representantes da cámara alta. Cámara baixa Congreso nos sistemas de goberno bicameral. Os representantes da cámara baixa. Cámara de gas Recinto construído para executar persoas inxectando dentro gases tóxicos. Os nazis inventaron a cámara de gas. Foi condenado a morrer na cámara de gas. Cámara escura Aparello óptico que consta dunha caixa cerrada cun orificio e unha lente pola que entran os raios de luz e proxectan a imaxe dun obxecto externo. Na cámara escura a imaxe dos obxectos aparece invertida. Cámara lenta Toma acelerada dunha película para que, ao proxectala a velocidade normal, o movemento sexa lento. Proxectaron as imaxes da xogada a cámara lenta. Cámara web Informática Pequena cámara dixital que pode capturar imaxes e vídeos e transmitilos a través de Internet. A pantalla do ordenador portátil ten incorporada unha cámara web. Chupar cámara VÉXASE chupar Música de cámara VÉXASE música

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!