célula
Audio 1

célula substantivo feminino1 Bioloxía Unidade autónoma básica dos seres vivos, dotada de vida, constituída polo menos por un núcleo rodeado do citoplasma, que está á súa vez envolto por unha membrana periférica. Unha célula pode constituír un organismo por si soa, son os denominados organismos unicelulares, como a ameba ou o lévedo con que se fai o pan.2 figurado Grupo de persoas que constitúen unha unidade dentro dunha organización, xeralmente política. Unha célula do partido elaborou a estratexia política para comezar a actividade preelectoral. FRASES E EXPRESIÓNS CON célula Célula filla Bioloxía Célula que procede, por división, dunha célula nai. A mitose asegura o reparto do material cromosómico nas células filla. Célula fotoeléctrica Física Dispositivo fotosensible que transforma a luz en corrente eléctrica. A porta do garaxe abríase automaticamente ao ser activada mediante células fotoeléctricas. Célula nai Bioloxía Célula que ten a capacidade de orixinar outras células por mitose. A extracción de células nai a partir do cordón umbilical. Célula ovo Bioloxía Célula formada pola unión dun gameto masculino e un feminino. A célula ovo humana presenta pequenas cantidades de vitelo. SINÓNIMOS cigoto, ovo, zigoto

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí