cabalo
Audio 1

cabalo substantivo masculino1 (Equus caballus) Mamífero perisodáctilo da familia dos équidos, de orellas pequenas e de longa crina no pescozo e no rabo, que se utiliza fundamentalmente como montura. Cabalo de carreiras. Coche de cabalos.2 Peza do xadrez que ten a figura dun cabalo. O movemento do cabalo púxolle en perigo a raíña.3 Carta de cada pau da baralla que ten a figura dun xinete a cabalo. O cabalo gáñalle á sota pero non ao rei.4 Aparello de ximnasia que consta dun toro longo acabado en punta, sostido sobre catro patas, para saltar sobre el apoiando as mans. Non foi capaz de superar a proba do cabalo.5 Dor muscular no pescozo, que impide mover a cabeza con normalidade. Ergueuse pola mañá cun cabalo. SINÓNIMO cabaleiro CONFRÓNTESE postura6 Mecánica Unidade de potencia equivalente a 75 quilográmetros, é dicir, ao esforzo que debe realizar unha máquina para levantar a un metro de altura, nun segundo, 75 kg de peso. O novo modelo está equipado cun motor de oitenta cabalos. SINÓNIMO cabalo de vapor FRASES E EXPRESIÓNS CON cabalo A cabalo locución adverbial 1 Coas pernas abertas sobre o lombo da cabalgadura que se monta. Se vas a cabalo non dás pasado polo portal. SINÓNIMO de a cabalo 2 Escarranchado sobre os ombreiros ou o lombo de alguén ou sobre unha cousa. Se cansas de andar, lévote a cabalo. SINÓNIMOS ao cabalete, a requichas, ás cabaleirolas, ás cabaliñas Estaban sentadas a cabalo no bambán. A cabalo de locución preposicional Coas pernas abertas sobre algo. Viña a cabalo dunha besta. Cabalo de batalla Cuestión máis debatida ou que presenta unha maior dificultade nalgún asunto. O aumento de salario é o cabalo de batalla dos sindicatos. Cabalo de mar Peixe co corpo cuberto de placas ou aneis óseos, de fociño e cabeza prolongados coma os do cabalo e de rabo longo e prénsil enrolado en espiral, do que existen varias especies. No acuario vimos cabalos de mar. SINÓNIMOS cabaliño de mar, hipocampo Cabalo do demo 1 Zooloxía Insecto da suborde dos zigópteros do que existen diversas especies que se caracterizan por ter a cabeza e o tórax unidos, ollos moi desenvolvidos e separados, abdome longo e fino e dous pares de ás que pregan ao estar en repouso. Os cabalos do demo teñen os ollos moi separados, un a cada lado da cabeza. SINÓNIMO cabaliño do demo 2 Calquera insecto da orde dos odonatos. Os cabalos do demo teñen tres ocelos, antenas curtas e unha mandíbula mastigadora simple. SINÓNIMOS cabaliño do demo, libélula Cabalo de vapor Mecánica Unidade de potencia equivalente a 75 quilográmetros, é dicir, ao esforzo que debe realizar unha máquina para levantar a un metro de altura, nun segundo, 75 kg de peso. O seu símbolo é CV. A potencia dos grandes motores especifícase en cabalos de vapor. SINÓNIMO cabalo De a cabalo locución adverbial Coas pernas abertas sobre o lombo da cabalgadura que se monta. O criado ía a pé e o amo de a cabalo. SINÓNIMO a cabalo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!