cabeza
Audio 1

cabeza substantivo feminino1 Anatomía Parte superior do corpo humano ou superior ou anterior dos animais, separada do tronco polo pescozo, onde se atopan os principais centros nerviosos e a maioría dos órganos dos sentidos. Levantou a cabeza para ver mellor. SINÓNIMOS cacha1, cachamúa, cacho1, cachola, caco2, calamoucha, chola1, coca2, crisma, croca, testa Unha cabeza de cervo.2 Parte da cabeza recuberta de pelo. Lavo a cabeza todos os días.3Mente Tiña a cabeza chea de ideas confusas. CONFRÓNTESE caletre4Intelixencia Ese rapaz chegará a algo, ten moita cabeza.5 Xuízo, tino. Non ten cabeciña ningunha, iso é o que o perde a el. CONFRÓNTESE caletre6 Cada animal contado nun rabaño. Temos mil cabezas nesta granxa. SINÓNIMO res17 figurado Cousa ou persoa máis importante entre outras. É a cabeza da organización. SINÓNIMOS líder, xefe8 Parte superior de algo. A cabeza dunha árbore. SINÓNIMOS bico, cima9 Parte anterior ou dianteira de algo. A cabeza do pelotón.10 Peza do arado paralela ao chan, na que encaixa a rella. Nalgúns arados, a cabeza e o temón son unha soa peza. SINÓNIMOS dental1, dente, enrelladoira, rastro, rostro11 Extremo avultado ou arredondado dun obxecto, que é a parte oposta á punta. A cabeza dunha chatola, dun cravo. ANTÓNIMO punta12 Formación arredondada de certas hortalizas. Trouxo da horta dúas cabezas de repolo para o cocido. FRASES E EXPRESIÓNS CON cabeza Baixar a cabeza figuradoAvergonzarse Tivo un fracaso, pero iso non é para baixar a cabeza. Cabeza de allo VÉXASE allo Cabeza de familia Persoa que figura como xefe da familia, para os efectos legais. O seguro escolar inclúe unha prestación por falecemento do cabeza de familia. Cabeza de partido Capital de partido xudicial. Caldas de Reis é cabeza de partido. Cabeza de vento Persoa pouco axuizada. Non as pensa, é unha cabeza de vento. Coa cabeza alta Sen ter que avergonzarse. Asumiu a derrota coa cabeza alta. Da cabeza aos pés Totalmente, completamente. Cando entrou na cociña, mirárona da cabeza aos pés. SINÓNIMO dos pés á cabeza Dar (alguén) na súa cabeza Escarmentar, aprender da experiencia. Non fai caso dos consellos, ten que dar na súa cabeza. De cabeza 1 Coa cabeza por diante. Tirouse de cabeza. 2 Sen dubidar, sen vacilar. Meteuse de cabeza nese negocio. Dos pés á cabeza VÉXASE Levantar cabeza Recuperarse dunha situación negativa, saír dun transo difícil. OBSERVACIÓNS: Úsase xeralmente en frases negativas Comezaron a irlle as cousas mal e xa non levantou cabeza. Levar (a alguén) a cabezaMarearse Terma de min, que me leva a cabeza. Pano da cabeza VÉXASE pano Perder a cabeza Non saber rexerse nun momento determinado por algún motivo. Perdeu a cabeza por un namoro. Por cabeza Expresa o que lle corresponde a cada individuo nunha repartición. Toca a seis euros por cabeza. Sentar (a) cabeza Coller xuízo quen non o tiña. Xa ten idade para sentar (a) cabeza. Subirse á cabeza 1 Causar un pequeno mareo, emborrachar levemente unha bebida alcohólica. Cun vaso que tome xa se lle sobe á cabeza. 2 Causar vaidade algo. Subíuselle o éxito á cabeza e agora non hai quen o ature. Ter a cabeza a paxaros Non ter siso. Non é mal rapaz, pero ten a cabeza a paxaros. Ter a cabeza coma un bombo Estar confundido polo ruído ou polo exceso de información. Tiña a cabeza coma un bombo de tanto discutir.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí