cabra
Audio 1

cabra substantivo feminino1 (Capra hircus) Animal mamífero da familia dos bóvidos, de pelo curto e áspero, cornos curvos cara a atrás e rabo moi curto, capaz de gabear por sitios abruptos. Un pastor de cabras. SINÓNIMOS godalla, xena CONFRÓNTESE cabrito, cabrón, cabuxo2 (Serranus cabrilla) Peixe da familia dos serránidos de corpo oblongo, cabeza en forma de cuña e cor encarnada tirando a amarela con sete ou nove bandas transversais pardas. A cabra péscase con tramallo e á liña. substantivo feminino plural3 Manchas encarnadas que se forman na pel por estar cerca do lume. Arrimouse á lareira e saíronlle cabras nas pernas. SINÓNIMOS cabritas, murnas, murras FRASES E EXPRESIÓNS CON cabra Cabra cega Insecto da orde dos hemípteros do que existen distintas especies, de cor negra e patas moi longas, que vive na superficie da auga, sobre a cal se despraza con moita axilidade. Na auga da pía había cabras cegas. SINÓNIMO zapateiro Cabra montesa Mamífero salvaxe da familia dos bóvidos, do que existen distintas especies que difiren no tamaño, na cor e no aspecto dos cornos. A cabra montesa vive en Europa e en Asia. Camiño de cabras VÉXASE camiño Pé de cabra VÉXASE

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí