cadea
Audio 1

cadea substantivo feminino1 Obxecto constituído por unha sucesión de pezas de metal en forma de aro enlazadas entre si, de distintos tamaños e materiais, segundo o uso. As áncoras dos barcos penden de grandes cadeas. Amarrou o can cunha cadea. A cadea da bicicleta. Teño unha cadea de ouro.2 figurado Conxunto de cousas que están ou suceden unha despois doutra, coma os elos dunha cadea. Unha cadea de delitos. SINÓNIMOS serie, sucesión3 Xeografía Agrupación de montañas dispostas en liña, que presentan unha sucesión de cumes. A cadea dos Pireneos. SINÓNIMOS cordal, cordilleira, serra4 Lugar onde se encerra os presos. Botou cinco anos na cadea. SINÓNIMOS caldeiro, cárcere, penal2, presidio, prisión5 Conxunto de aparellos destinados á transmisión de sinais, á emisión de sons ou imaxes. A segunda cadea de televisión. CONFRÓNTESE canle6 Grupo de empresas ou de establecementos comerciais ou industriais pertencentes ao mesmo propietario. Dirixe unha cadea de tendas de moda.7 Conxunto de instalacións industriais destinadas á fabricación ou montaxe dun produto en serie. Pararon a cadea de produción.8 Conxunto de aparellos de alta fidelidade para gravar ou reproducir sons. Regaláronlle unha cadea musical.9 Química Conxunto de átomos do mesmo tipo ligados por unha molécula. O propano está formado por unha cadea de tres átomos de carbono. FRASES E EXPRESIÓNS CON cadea Cadea perpetua Pena que dura toda a vida do condenado. Suprimiron a pena de cadea perpetua. En cadea locución adverbial Producido sucesivamente, un detrás doutro. Produción en cadea. As súas revelacións provocaron a dimisión en cadea dalgúns altos cargos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí