cadela
Audio 1

cadela substantivo feminino1 Femia do can, adulta ou cría. Pariu a cadela e trouxo oito cadeliños. CONFRÓNTESE cuza2 pexorativo Muller irascible ou de mal xenio. Non quero volver ter tratos con esa cadela.3 (Forficula auricularia) Insecto da orde dos dermápteros co corpo aplanado de cor parda, unha pinza córnea e móbil no extremo do abdome e antenas articuladas, que se agocha durante o día debaixo das pedras ou da casca das árbores. As cadelas aliméntanse de desperdicios vexetais. SINÓNIMOS bicha sara, cadela de frade, forcadela, rapacarallas4 Moeda de cobre, hoxe fóra de circulación, que valía cinco céntimos. Acordaba os tempos en que unha barra de pan custaba tres cadelas. SINÓNIMOS can2, can pequeno, carocha FRASES E EXPRESIÓNS CON cadela Cadela de frade (Forficula auricularia) Insecto da orde dos dermápteros co corpo aplanado de cor parda, unha pinza córnea e móbil no extremo do abdome e antenas articuladas, que se agocha durante o día debaixo das pedras ou da casca das árbores. Pénsase que as cadelas de frade, aínda que son animais totalmente inofensivos, poden causar moito dano se se introducen no oído dunha persoa. SINÓNIMOS bicha sara, cadela, forcadela, rapacarallas Non ter unha cadela Non ter cartos. Moito se chufa pero non ten unha cadela. SINÓNIMO non ter un can Non valer unha cadela Ter moi pouco ou ningún valor. Ese reloxo non vale unha cadela.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!