cadrar
Conxugar
Audio 1

cadrar /verbos/cadrar.html verbo intransitivo1 [Cousa] vir ben para o que se está a facer ou para o que se quere. Cadrounos moi ben que se adiase a reunión, porque tiñamos outro compromiso. SINÓNIMO coincidir Penso que a este cuarto lle cadraba mellor un ton máis apagado. SINÓNIMO ir2 [Cousa] corresponderse de xeito adecuado con outra. Temos dúas versións que non cadran. SINÓNIMO coincidir CONFRÓNTESE encaixar Non me cadran as contas.3 Darse a circunstancia ou a oportunidade que se expresa. Se che cadra de pasares por alí, dálle o recado. SINÓNIMO coincidir4 [Día do mes] coincidir cun determinado día da semana. O primeiro de maio cadra en domingo. SINÓNIMO caer5 [Acontecemento] coincidir cunha data determinada. Este ano o Entroido cadra en febreiro. SINÓNIMO caer6 [Cousa] estar nun lugar. A oficina cádrame lonxe da casa. verbo transitivo7 Dar forma cadrada a [unha cousa]. Non cadrou ben a esquina do moble. FRASES E EXPRESIÓNS CON cadrar Se cadra locución adverbial Indica dúbida ou posibilidade. OBSERVACIÓNS: Aínda que equivale a quizais, só se utiliza co verbo en indicativo Se cadra vouvos visitar mañá. SINÓNIMOS ao mellor, igual, se callar CONFRÓNTESE acaso, quizais, talvez

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!