cadro
Audio 1

cadro substantivo masculino1 Figura formada por catro lados da mesma lonxitude que se cortan en ángulo recto. Unha saia de cadros. SINÓNIMO cadrado2 Armadura que sostén os bordos dunha cousa, como un espello, ou na que se encaixa algo, como unha porta. O cadro dunha ventá. SINÓNIMOS marcación, marco3 Armazón metálica dunha bicicleta. As bicicletas de carreiras teñen un cadro moi lixeiro.4 Obra de pintura ou debuxo, realizada en papel ou tea, xeralmente colocada nun marco. Un dos mellores cadros da historia da pintura. Un cadro abstracto. CONFRÓNTESE pintura5 Reunión de obxectos, persoas etc., que pola súa disposición atraen a vista ou producen impresión. Os elementos daquela paisaxe ofrecían un cadro impresionante.6 Descrición oral ou escrita que se fai dunha cousa. Presentounos o cadro das actividades realizadas.7 Literatura Cada unha das partes en que se dividen algunhas obras de teatro, máis pequenas ca o acto, nas que se cambia de escenario. Comezaba a súa interpretación no cadro primeiro do acto cuarto.8 Calquera superficie onde están os botóns, instrumentos etc., de información e control dun vehículo. Cadro de mandos.9 Conxunto de xefes ou de persoal de determinada organización ou corporación. O cadro de médicos dun hospital.10 Conxunto de datos, exposición dun tema etc., presentados graficamente de modo claro e ordenado de maneira que permite abranguer todo dunha vez coa vista. Ao final de cada lección hai un cadro. SINÓNIMO cadro sinóptico FRASES E EXPRESIÓNS CON cadro Cadro clínico Conxunto de síntomas que presenta o doente. O cadro clínico da meninxite aparece bruscamente. Cadro de persoal VÉXASE persoal Cadro sinóptico Conxunto de datos, exposición dun tema etc., presentados graficamente de modo claro e ordenado de maneira que permite abranguer todo dunha vez coa vista. Realiza un cadro sinóptico dos tipos de aves. SINÓNIMO cadro

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!