caer
Conxugar
Audio 1

caer /verbos/caer.html verbo intransitivo1 [Cousa] desprenderse do lugar a onde estaba adherida. Caer as follas. Caer os dentes. Caer o pelo.2 [Corpo] desprazarse de arriba a abaixo pola acción do seu peso. Caeu un libro do estante.3 Perder o equilibrio. Agarrábase para non caer. Tropezou e caeu.4 [Día do mes] coincidir con determinado día da semana. O un de novembro caeu en xoves. SINÓNIMO cadrar5 [Acontecemento] coincidir cunha data determinada. O noso aniversario cae a luns. SINÓNIMO cadrar6 Resultar dunha determinada maneira. OBSERVACIÓNS: Adoita ir cos adverbios ben, mal Caeulle mal o xantar. SINÓNIMO sentar7 Baixar dun xeito desmesurado. Caer os prezos. Caer o dólar.8 Estar situado no lugar que se expresa. Esa rúa non cae por aquí. SINÓNIMO quedar9 Perder a vida nunha loita. Caeron moitos soldados inimigos. SINÓNIMOS morrer, perecer10 [Forma de goberno] deixar de existir. Caer a ditadura.11 [Persoa, cousa] ir dar en algo disposto ou preparado contra ela. O coello caeu na trampa. O ladrón caeu en mans da policía.12 Incorrer en erro, falta, delito etc. Volveu caer no vicio de fumar.13 [Fenómeno meteorolóxico] ter lugar, efectuarse a acción de. Caeu unha boa treboada.14 [Persoa] ser ou non do agrado doutra. OBSERVACIÓNS: Adoita ir acompañado dos adverbios ben, mal ou dunha expresión equivalente Cáeme ben o rapaz.15 Achar a solución a algo que se descoñece ou que non se lembra. Non caio en quen pode ser ese individuo. Púxenlle unha adiviña e non daba caído.16 [Tarde, día etc.] estar preto da súa fin. Pouco a pouco cae o verán. Caía a tarde.17 Acharse nunha situación crítica, pasar a unha situación peor ca outra anterior. Despois do seu grande éxito caeu no esquecemento. Caer en desgraza.18 [Algo] colgar de determinada maneira. O cabelo caíalle en ondas polo lombo.19 Resultar derrotado ou eliminado. O equipo caeu na semifinal.20 Corresponder por casualidade. Onde caeu o primeiro premio da lotaría?21 Estar incluído dentro dun límite. O asunto cae fóra das miñas competencias. FRASES E EXPRESIÓNS CON caer Caer da burra VÉXASE burro Caer de chope Caer tendido de maneira brusca, de golpe. Bateu e caeu de chope. Caer do ceo VÉXASE ceo Caer enfermo Contraer unha enfermidade. Caeron enfermas varias persoas da oficina. Caer na conta VÉXASE conta Caer o pelo (a alguén) VÉXASE pelo Caer os ollos VÉXASE ollo Caer redondo Caer repentinamente morto ou sen coñecemento. Deulle un ataque e caeu redondo. Caer sobreAbalanzarse O león caeu sobre a presa. Estar a caer Estar a punto de suceder. As vacacións están a caer.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!