calar
Conxugar
Audio 1

calar2 /verbos/calar.html verbo transitivo1 Facer que [o barco] chegue a máis ou menos profundidade. Calaron o barco na enseada.2 Lanzar [algo ou a alguén] á auga somerxéndoo. Despois de localizar o banco calaron as redes. SINÓNIMOS largar, redar3 Penetrar un líquido en [unha cousa], mollándoa completamente. Barruzou toda a mañá e a auga calounos os abrigos. SINÓNIMOS empapar, encharcar, enchoupar4 Introducir unha sonda en [algo] para examinar o seu interior. Calaron varias capas do subsolo esperando atopar petróleo. SINÓNIMO sondar5 por extensión Introducir un obxecto adecuado en [unha cousa] para coñecer as súas características. Sen calar o xamón non sei se está ben curado.6 figurado Examinar a fondo para coñecer o xeito de ser, de pensar ou as intencións de [unha persoa]. Calouno tan ben que descubriu a súa mentira.7 figurado Examinar a natureza ou significado de [unha cousa]. Calaron detidamente o asunto.8 Facer que [unha cousa] baixe ou se axuste noutra en que está encaixada. Calaron as baionetas e lanzáronse ao ataque. Calou o sombreiro ata a sobrecella. CONFRÓNTESE encasquetar9 Sacar fíos a [un tecido] ou practicarlle furados imitando o labor dos encaixes. Se o calas ou o bordas, quédache ben máis bonito o mantelo. verbo intransitivo10 [Embarcación] chegar pola súa parte máis baixa ata unha determinada profundidade. O mercante ía cargado e calaba moito.11 figurado Penetrar fondo, quedar gravado. As palabras do mestre calaron no espírito dos rapaces.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!