caldo
Audio 1

caldo substantivo masculino1 Comida constituída fundamentalmente de verduras, fabas e unto, cocidos en auga só ou con outros ingredientes, como patacas, carne, chourizo, touciño etc. Comer o caldo.2 Líquido en que se coceu carne, verdura, peixe ou outros ingredientes, dos cales colleu a substancia. Caldo de galiña.3 Calquera líquido de orixe vexetal, especialmente o viño, que se emprega para a alimentación. Esta é unha terra de bos caldos. FRASES E EXPRESIÓNS CON caldo Caldo branco Caldo que se prepara sen verdura. Cearon un caldo branco. Caldo de azucre Solución concentrada de azucre e auga fervidos. Gústanlle os pexegos con caldo de azucre. SINÓNIMO almibre Caldo de castañas Caldo que ten como ingrediente principal as castañas e adoita levar patacas e fabas. Gústalle moito o caldo de castañas. SINÓNIMO calduda Caldo de cultivo 1 Líquido preparado para o cultivo de certos microbios. A penicilina descubriuse a partir dun caldo de cultivo. 2 figurado Situación que favorece o desenvolvemento de algo. O descontento foi un caldo de cultivo para a revolución. Caldo papudo Aquel ao que se lle engade fariña de millo cando se requenta. Daquela comiamos un pouco caldo papudo e para as leiras a traballar. SINÓNIMO caldo pego Caldo pego Caldo papudo. Non tiña fariña para facer caldo pego.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!