calendario
Audio 1

calendario substantivo masculino1 Sistema de distribución do tempo en anos, meses e días. O calendario republicano francés.2 Folla, caderno ou bloque de follas que recolle a representación dos días do ano. Sempre leva un calendario na carteira.3 Distribución das actividades nun período de tempo. Xa confeccionaron o calendario da asociación para este ano.4 Folla, caderno ou bloque de follas en que se rexistran todos os días do ano, agrupados por meses, ás veces acompañados de datos referentes a cada día, como as fases da Lúa, saída e posta do Sol, os santos e festas que se celebran etc. Mira no calendario que día entra a Lúa. SINÓNIMO almanaque FRASES E EXPRESIÓNS CON calendario Calendario escolar Calendario que fixa os días lectivos e festivos do ensino. Na porta do colexio está exposto o calendario escolar deste ano. Calendario gregoriano O que entrou en vigor en 1582 con Gregorio XIII que é unha reforma do calendario xuliano utilizado ata entón. Na maior parte do mundo occidental rexe actualmente o calendario gregoriano. Calendario laboral Calendario que fixa os días laborais e os festivos. O calendario laboral aparece publicado no diario oficial. Calendario republicano Calendario establecido pola Revolución Francesa. Xerminal é o sétimo mes do calendario republicano. Calendario xuliano Calendario establecido por Xulio César, segundo o cal o ano consta de 365 días, agás o bisesto, que consta de 366. Nos países ortodoxos mantívose o calendario xuliano ata principios do século XX.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!