cama
Audio 1

cama substantivo feminino1 Moble de forma rectangular sobre o que se pon o colchón, a almofada e a roupa que lle é propia, onde se deitan as persoas para durmir ou descansar. Cama de matrimonio. SINÓNIMO leito2 por extensión Capa de estrume que se lles pon nas cortes aos animais para que durman e para que fagan esterco. Prepáralles a cama ás vacas. SINÓNIMO camada3 Lugar onde dormen os animais salvaxes. A cama do lobo está entre esas pedras. SINÓNIMO camada4 Praza que ocupa un enfermo internado nun centro hospitalario. Non quedou ingresado porque non había camas. FRASES E EXPRESIÓNS CON cama Cama elástica Lona tensa e suxeita a uns soportes elásticos que permite dar grandes saltos. Os nenos divertíanse nas camas elásticas. Cama redonda Relación sexual na que participan varias persoas. Dixeron que a festa acabara nunha cama redonda. Coche cama VÉXASE coche Facer a cama Colocar adecuadamente as sabas e demais roupa da cama. Os nenos deben aprender a facer a cama. Facerlle a cama (a alguén) Tratar de prexudicar secretamente a alguén. Soubo que un dos compañeiros lle andaba facendo a cama. Gardar cama Estar na cama por enfermidade. Este ano a gripe deulle forte, mesmo gardou cama uns días. Sofá cama VÉXASE sofá

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!