cambiar
Conxugar
Audio 1

cambiar /verbos/cambiar.html verbo transitivo1 Dar [unha cousa] e recibir outra no seu sitio. Cámbioche a miña colección de selos pola túa de discos. SINÓNIMOS permutar, trocar1 A dependenta non me quixo cambiar a saia.2 Dar ou recibir [unha cantidade] a cambio doutra equivalente en moedas ou billetes de inferior valor ou en moeda estranxeira. Cambiar un billete en moedas. SINÓNIMO descambiar Cambiar un dólar en euros. SINÓNIMO trocar13 Tornar diferente [algo ou alguén]. A vida cambiouno. As eleccións non cambiaron a situación política do país. SINÓNIMOS modificar, mudar, transformar4 Deixar de usar ou quitar [unha cousa] para ter ou poñer outra no seu lugar. Cambiar as lámpadas. Cambiou a decoración do salón. Cambiou o coche porque xa lle era moi vello.5 Quitar [roupa que se leva posta] e poñer outra. Cambiou a camisa e puxo outra limpa. Tamén verbo pronominal Cámbiate axiña que marchamos. SINÓNIMO mudar(se)6 Quitar a [unha persoa] a roupa que leva para poñerlle outra. Vou cambiar o neno. SINÓNIMO mudar7(cambiar en) Facer que [unha cousa] pase a ser outra que se expresa. Cambiar as penas en alegrías. SINÓNIMOS converter, mudar, tornar, transformar, trocar18 Dar [unha cousa] e recibir reciprocamente e ao mesmo tempo outra. Antes de despedirse cambiaron os enderezos. Cambiamos saúdos desde as ventás. SINÓNIMOS intercambiar, trocar19 Levar [unha persoa ou unha cousa] dun sitio para outro. Cambiou os libros de estante. verbo intransitivo10 Sufrir alteración, facerse distinto a como era. Moito cambiaches. Cambioulle a cor do rostro ao sabelo. Cambiou o tempo. SINÓNIMO mudar11 Deixar a vivenda, o lugar etc., onde se vive para vivir noutro. Cambiou de casa varias veces. Cambiar de país. SINÓNIMO mudar12 Tornarse diferente con relación a algo que se expresa. Cambiar de opinión.13 Pasar dunha marcha ou velocidade a outra. Non cambies ata pasar a costa. Cambiar de marcha.14 Pasar dun piñón da bicicleta a outro. Cambiou ao piñón pequeno. verbo pronominal15(cambiar en) Pasar a ser outra cousa. Os seus choros cambiáronse en riso cando soubo a boa nova. SINÓNIMOS transformarse, trocarse CONFRÓNTESE tornarse16 Deixar a casa onde se vive ou o lugar onde se traballa e ir para outro distinto. OBSERVACIÓNS: Normalmente coa preposición de (para indicar a orixe do movemento) e a e para (que introduce o complemento que indica a dirección do cambio) Os veciños de arriba cambiáronse para o centro. SINÓNIMO mudarse FRASES E EXPRESIÓNS CON cambiar Cambiar de / a chaqueta VÉXASE chaqueta

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]