can
Audio 1

can1 substantivo masculino1 (Canis familiaris) Mamífero carnívoro doméstico da familia dos cánidos, do que existen múltiples razas de características diversas e que, pola súa intelixencia e lealdade, é utilizado polo home na caza, para gardar rabaños, casas ou outras propiedades, así como para moitas outras funcións. OBSERVACIÓNS: A femia do can denomínase cadela A policía ten cans adestrados para seguir calquera rastro. CONFRÓNTESE cuzo2 Aparello con forma de angazo que se vai arrastrando polo fondo do mar para apañar determinados mariscos como ameixas, berberechos ou longueiróns, que vai recollendo nunha rede que leva detrás. A arte do can está prohibida.3 Antiga moeda de dez céntimos. Andaba sempre sen un can. CONFRÓNTESE can grande, pataco, patacón4 Antiga moeda de cinco céntimos. Xa non lembra o que podía mercar por un can. SINÓNIMOS cadela, can pequeno, carocha FRASES E EXPRESIÓNS CON can Botar o can Falar asperamente. Non se lle pode dicir nada, que logo che bota o can. Can de palleiro Can de aspecto semellante ao lobo, constitución robusta e tamaño medio, que está recoñecido como raza autóctona galega. Un can de palleiro axudáballe a coidar das vacas. SINÓNIMO can palleirán Can doente O que ten a rabia. Prenderon un can doente que andaba pola aldea. Can grande Can (acepción 3). Sempre lle metía entre os dedos unha peza de can grande. Can palleirán Can de palleiro. Ten un can palleirán para gardar a casa. Can pequeno Antiga moeda de cinco céntimos de peseta. Xa non lembra o que podía mercar por un can pequeno. Can sen dono 1 Can vagabundo. Levaron os cans sen dono ao refuxio. 2 figurado Persoa que se mostra desorientada e necesitada de protección. Malpocado! Anda coma un can sen dono. Cheirar a can VÉXASE cheirar Coma o can e o gato Aplícase aos que se levan mal. Sempre andan coma o can e o gato. Coma un can Aplicado a unha persoa, con verbos como vivir, morrer, tratar etc., significa abandonado, sen coidados. Non se preocupan do vello, trátano coma a un can. Meter os cans na bouza Provocar enfrontamento. Non se lle pode facer moito caso, que é moi amigo de meter os cans na bouza. SINÓNIMO meter os cans pola bouza Meter os cans pola bouza Meter os cans na bouza. Mete os cans pola bouza para que os demais discutamos. Non ter un can Non ter cartos. Gastei todo o que tiña e agora non teño un can. SINÓNIMO non ter unha cadela O meu can pillou unha mosca Facer ou dicir algo ben por casualidade. -Pois atinei todas as respostas do test. -Vaia, o meu can pillou unha mosca. Ser un can vello Ser astuto e precavido ou ter moita experiencia nun determinado asunto ou en xeral. Non o engana calquera, é un can vello.

can
Audio 1

can2 adverbio literario Forma apocopada de ‘canto’ que precede a un adxectivo ou a un adverbio para expresar o alto grao en que se aplican. Can desesperado actuou!

can
Audio 1

can3 substantivo masculinoKhan O can dirixiuse aos seus súbditos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!