canga
Audio 1

canga substantivo feminino1 Aparello de madeira ao que se suxeita, polo pescozo ou pola cabeza, unha parella de animais de tiro para enganchalos ao carro ou ao arado. Quítalles a canga ás vacas e lévaa para o alboio. SINÓNIMO xugo2 Pau que se ata en sentido horizontal ao pescozo de certos animais para obstaculizar o seu paso por lugares estreitos. Antes poñíanlles unha canga aos porcos e ceibábanos na eira. SINÓNIMOS cangalla, tambullo, tarambollo, torga, toromballo, traba, trabanco, tranganillo3 Pau en forma de gallo, situado na parte dianteira do chedeiro, ou listón atravesado sobre os fungueiros dianteiros, que ten como finalidade evitar que a carga do carro caia sobre os animais que tiran por el. Cando o levan á herba vai apoiado na canga de diante. SINÓNIMOS acicarro, boeira, cabrita, cadeixo, cambón, cambona, cangalleira2, forcado, fungueira, galleiro1, gardabois, ranqueiro, rengueiro CONFRÓNTESE traveseiro4 Resto do acio ao que se lle tiraron as uvas. Despois de comeren os bagos, ciscaron as cangas polo chan. SINÓNIMOS cangalla, cangallo, raspallo5 figurado Aquilo que estorba a realización de algo. Non dá saído adiante, cando non ten unha canga, ten outra.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!