cangar
Conxugar
Audio 1

cangar /verbos/cangar.html verbo transitivo1 Poñerlle a canga ou xugo a [un animal ou parella de animais de tiro]. A xovenca non deixa que a canguen. SINÓNIMOS axugar, xunguir ANTÓNIMOS desaxugar, descangar, desxunguir2 Poñerlle a canga a [un animal para obstaculizarlle o paso por lugares estreitos]. Canga os porcos para que non fuxan.3 Colocar os cangos de [un tellado]. Cangamos as dúas vertentes nunha mañá. ANTÓNIMO descangar4 Obstaculizar o paso por [un lugar]. Cangaron a entrada cunha morea de ferranchos. CONFRÓNTESE atascar, atoar, atrancar, obstruír, trancar5 Pór [algo ou alguén] nun lugar de xeito que impide o paso. Cangou o tractor na entrada e non puidemos pasar. CONFRÓNTESE atrancar, atravesar6 figurado Soster ou soportar [unha carga física ou moral]. Vas cangar todos eses vultos? OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido da preposición con Non cangues con labores que non che competen. Cangou coa culpa por defender o seu amigo.7 Facer soportar [unha carga física ou moral]. Cangoulles as culpas. verbo intransitivo8 figurado Sentir diminuír a forza ou os ánimos a causa da actividade ou dunha dificultade. Comezou a carrexar os sacos, pero axiña cangou. verbo pronominal9 figurado Sentir angustia ou medo. É moi valente, pero cangouse cando oíu ruídos na corredoira.10 figurado [Alguén] quedar coa gorxa obstruída por causa de algo que comeu ou bebeu. Tragou o bocado sen mastigar e cangouse. SINÓNIMOS apedar, atragoarse, esganar(se), torgarse11 figurado Dobrarse pola cintura inclinándose cara a diante. Cangouse e subiulle unha dor pola espiña. Foise cangando cos anos. CONFRÓNTESE agachar12 figurado Sentir diminuír a forza ou o ánimo a causa dunha actividade ou por presentarse un obstáculo ou dificultade. Cangouse con aquel contratempo e xa non foi quen de continuar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!