cantar
Conxugar
Audio 1

cantar1 /verbos/cantar.html verbo transitivo1 Interpretar [unha peza musical]. Cantar unha canción. Cantar un alalá.2 Facer eloxios, loar [algo ou alguén] de modo literario. Petrarca cantou a beleza da muller amada. Pondal cantou as proezas dos heroes celtas.3 Facer corenta puntos no tute ao levar baza cando se ten o cabalo e o rei de trunfo, ou vinte puntos cando o cabalo e o rei son doutro pau. Cantou as corenta e vinte en ouros.4 Confesar [algo] ao ser interrogado. Cantou a verdade diante dos policías. Tamén absoluto Apertárono, pero non cantou. verbo intransitivo5 Emitir coa voz sons musicais. Que ben canta!6 [Ave, insecto] producir sons característicos. Cantan os paxaros pola mañanciña. SINÓNIMOS chiar, piar1 No verán canta a chicharra. Érguese cando canta o galo. SINÓNIMO cantaruxar7 figurado [Obxecto, peza] rinchar ou soar ao se mover. Sentiamos cantar os carros ao abrir o día. SINÓNIMO cantaruxar FRASES E EXPRESIÓNS CON cantar Cantar as corenta (a alguén) Chamarlle seriamente a atención, pórlle as cousas claras. Cando o vexa heille cantar as corenta. Ser (algo) coser e cantar VÉXASE coser

cantar
Audio 1

cantar2 substantivo masculino1 Composición cantada. Triste é o cantar que cantamos. SINÓNIMOS canción, cantiga, cántiga FRASES E EXPRESIÓNS CON cantar Cantar de xesta Poema épico medieval que narra sucesos heroicos. A ‘Chanson de Roland’ é o cantar de xesta máis destacado.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!