canto
Audio 1

canto1 substantivo masculino1 Acción e efecto de cantar. O canto das aves.2 Actividade de cantar. Dedícase ao canto.3 Composición poética extensa en ton solemne, en gabanza de algo ou de alguén. Un canto á liberdade. SINÓNIMO himno4 Cada unha das divisións dun poema épico ou narrativo. Poema en catro cantos. FRASES E EXPRESIÓNS CON canto Canto de cisne VÉXASE cisne Canto gregoriano Canto da liturxia católica executado nunha soa voz e chamado así por ser Gregorio I quen o recolleu nun volume. Os monxes editaron un disco de canto gregoriano. Canto silábico Aquel en que cada nota responde a unha sílaba. A recitación está na orixe do canto silábico.Voz actualizada 2018-05-22 11:48:59 Incluíuse a expresión "canto de cisne"

canto
Audio 1

canto2 substantivo masculinoCallao Apañou uns cantos do fondo do río.

canto
Audio 1

canto3 substantivo masculino1 Lugar que queda na parte interior onde se encontran dúas paredes. Amontoa todo nun canto do faiado. SINÓNIMOS curruncho, recanto, recuncho CONFRÓNTESE esquina2 Superficie estreita que limita a forma dun obxecto relativamente delgado. O canto dunha moeda, dunha táboa, dun libro. Deulle o golpe co canto da man. CONFRÓNTESE bordo FRASES E EXPRESIÓNS CON canto De canto Sobre o canto. O peso caeu de canto. No canto de locución preposicional En substitución da cousa que se expresa. No canto de queixarse tanto hai que traballar máis. SINÓNIMOS en lugar de, en troques de, en vez de

canto, canta
Audio 1
Audio 2

canto4 (feminino: canta) interrogativo, exclamativo e relativo1 Expresa a cantidade ou número. Cantas persoas foron á voda? Canto vale? Canta xente hai aí! Todos cantos estaban alí o sabían. indefinido2 Expresa número indeterminado. OBSERVACIÓNS: Vai sempre en plural e precedido de uns, unhas Había por alí unhas cantas persoas. Todos non estaban, pero había uns cantos. adverbio3 Expresa a cantidade ou intensidade dunha acción. Canto traballamos! SINÓNIMOS case, como Canto máis llo explico menos o entende. FRASES E EXPRESIÓNS CON canto Canto a locución preposicional No que concirne a. Canto ao seu comportamento, non temos de que queixarnos. SINÓNIMO en canto a En canto locución conxuntiva 1Mentres En canto estudo, non podo facer outra cousa. 2 Inmediatamente despois de facer ou de ocorrer algo. En canto chegue, heillo de dicir. SINÓNIMO así que 3 En calidade de, como. En canto persoa, non pode tolerar iso. 4 En relación con. En canto a virdes no meu coche, xa falaremos. En canto a locución preposicional Canto a. En canto ao financiamento do proxecto, logramos un acordo co banco.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!