capela
Audio 1

capela substantivo feminino1 Parte dunha igrexa cun altar e advocación ou imaxe particular. Unha das capelas máis visitadas da catedral é a da Virxe do Carme.2 Igrexa pequena, polo xeral cun só altar e frecuentemente anexa a outra. O día da patroa misan na capela. CONFRÓNTESE ermida, santuario3 Lugar destinado ao culto nunha comunidade, pazo, hospital etc. Os donos do pazo legáronlles o usufruto da capela aos veciños da parroquia.4 Conxunto de persoas que serven nunha capela. Desde a súa ordenación pasou a formar parte da capela do monarca.5 Conxunto vocal ou instrumental ao servizo dunha capela ou dun soberano. A capela catedralicia ofreceu un fermoso concerto.6 Cámara onde permanecían os reos condenados a morte desde que se lles comunicaba a sentenza. Dedicou o tempo que estivo na capela a rezar.7 Capa que cobre externamente unha cousa. Antes de botar as castañas a cocer, sácalles a capela. Cando vaias por palla ao palleiro, non traias da da capela. Come as papas axiña, despois non digas que teñen capela e que non che gustan.8 Conxunto de la que resulta de rapar unha ovella, carneiro etc. Despois de rapar as ovellas, colleron as capelas e fóronas lavar. SINÓNIMO vélaro FRASES E EXPRESIÓNS CON capela A capela locución adverbial Sen acompañamento instrumental. Cantar a capela. Capela ardente Lugar onde se vela un defunto. Instalaron a capela ardente no concello. Capela do ollo popularPálpebra Levantou a capela do ollo para quitar un lixo. En capela locución adverbial 1 Situación dos reos condenados a morte desde que se lles comunica a sentenza. O condenado pediu a confesión antes de entrar en capela. 2 figurado A punto de realizar algo ou de recibir o resultado de algo. OBSERVACIÓNS: Úsase frecuentemente co verbo estar Xa están en capela, debutan mañá. Mestre de capela VÉXASE mestre

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí