capital
Audio 1

capital adxectivo1 Que é de moita importancia ou o máis importante. A cultura é capital para o desenvolvemento dun país. SINÓNIMOS básico, crucial, decisivo, esencial, fundamental, primordial, transcendental ANTÓNIMOS accesorio, secundario2 [Letra, carácter] maiúscula tipográfica. Emprega a letra capital para iniciar o texto. Tamén substantivo feminino Utilizou capitais para os apelidos. SINÓNIMOS letra capital, letra maiúscula, letra versal, maiúscula, versal substantivo masculino3 Conxunto de bens, en particular de diñeiro, que posúe unha persoa ou empresa. Trouxo moito capital da América. SINÓNIMOS cadal, fortuna CONFRÓNTESE diñeirada, diñeiral4 Diñeiro investido nunha empresa ou destinado a producir rendas ou beneficios. O capital investido pola sociedade industrial é moi elevado.5 Factor de produción constituído polos cartos. O capital, a terra e o traballo. substantivo feminino6 Cidade ou poboación onde reside o goberno ou os órganos da administración dun país ou dunha provincia. Santiago de Compostela é a capital de Galicia. FRASES E EXPRESIÓNS CON capital Letra capital Capital (acepción 2). Escribiu o título con letras capitais. Pecado capital VÉXASE pecado Pena capital VÉXASE pena1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!