cara
Audio 1
Audio 2

cara substantivo feminino1 Parte anterior da cabeza das persoas e animais, onde se atopan os ollos, o nariz e a boca. Levou un golpe na cara. Viñéronlle as cores á cara. SINÓNIMOS face, faciana, rostro2 Aspecto ou expresión da cara dunha persoa. Hoxe trae mala cara. Virar mala cara. SINÓNIMO cariz3 Aspecto dunha cousa. O día ten mala cara, creo que vai chover. Este asunto ten moi mala cara. SINÓNIMO cariz4 Cada unha das dúas superficies dunha cousa en forma de lámina, e en particular, a parte principal oposta á posterior. Ten que cubrir os datos que aparecen na cara do impreso. As dúas caras da folla do impreso. As dúas caras da folla están escritas.5 Matemáticas Cada unha das superficies que limitan un poliedro. O cubo ten seis caras iguais.6 Superficie dunha moeda ou medalla na que vai representada unha efixie. Botaron unha moeda ao aire e saíu cara. SINÓNIMOS anverso, face ANTÓNIMOS cruz, dorso, reverso FRASES E EXPRESIÓNS CON cara Á cara Diante da persoa de que se trata, cando se trata de dicir algo. O que lle teño que dicir dígollo á cara. SINÓNIMO na cara Caer a cara de vergonza Sentir moita vergonza. Non sei como puido ser tan covarde, a min caeríame a cara de vergonza. Cara a locución preposicional Pode indicar dirección, tendencia, inclinación ou localización imprecisa no tempo ou no espazo. Se vas cara a Vigo, vou contigo. Mira cara a alá e veralo. Anda traballando aí cara ao lado de Santiago. Ven cara ás nove e falas con el. Imos cara a unha situación de crise. Cara de can Aspecto malhumorado. Xa entrou pola mañá con cara de can. SINÓNIMO cara de ferreiro Cara de fame Aspecto dunha persoa cando está moi delgada. Ti dirás que come moito, pero sempre tivo cara de fame. Cara de ferreiro Cara de can. Miroume con cara de ferreiro e non me atrevín a replicarlle. Dar a cara Responder dos seus actos. Se fixo algo mal, agora que dea a cara. Dicir (algo) a cara Manifestar [certa cousa] a expresión do rostro. Ten fondas preocupacións, dillo a cara. Na cara Á cara. Chamoulle parvo na cara. Non ter cara para (facer algo) Non atreverse. Non ten cara para pedirlle ao xefe un adianto. Ser un cara lavada Ser un atrevido, un desvergonzado. É ben cara lavada, comeu toda a torta e deixounos sen sobremesa.

caro, cara
Audio 1
Audio 2
Audio 3

caro Para todas as acepcións ANTÓNIMO barato (feminino: cara) adxectivo1 Que ten un prezo elevado ou por encima do habitual. É un libro caro, pero paga a pena mercalo. CONFRÓNTESE careiro2 [Establecemento, lugar] que ten prezos elevados. Parou no hotel máis caro da cidade. Non imos ir de vacacións a un sitio tan caro.3 figurado [Cousa inmaterial] que supón un custo ou un esforzo importante. Saíulle caro o atrevemento. adverbio4 A prezo elevado. Ese tendeiro vende caro.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí