carballo
Audio 1

carballo Para todas as acepcións SINÓNIMO rebolo substantivo masculino1 (Quercus robur) Árbore caducifolia da familia das fagáceas, de gran tamaño, cerna moi dura, copa ampla, follas glabras con lobos, flores masculinas en amentos e femininas terminais, que ten como froito a landra sobre un longo pedúnculo. Cortáronse miles de carballos para facer as travesas do ferrocarril.2 Árbore doutras especies pertencentes ao xénero Quercus. En Galicia, hai diversas variedades de carballo, como o cerquiño ou o albariño.3 Madeira desta árbore, moi dura e resistente. Un moble de carballo. FRASES E EXPRESIÓNS CON carballo Carballo albar (Quercus petraea) Árbore da familia das fagáceas, moi parecida ao carballo común (Quercus robur) pero algo menos robusta ca el, que florece por abril ou maio e que ten landras que madurecen a finais de setembro ou outubro. O carballo albar dáse sobre todo nas serras dos Ancares e do Courel. SINÓNIMOS carballo albariño, rebolo albariño Carballo albariño (Quercus petraea) Árbore da familia das fagáceas, moi parecida ao carballo común (Quercus robur) pero algo menos robusta ca el, que florece por abril ou maio e que ten landras que madurecen a finais de setembro ou outubro. Ás veces non é doado establecer as estremas de distribución entre o carballo albariño e o carballo común, xa que é frecuente que se dean híbridos. SINÓNIMOS carballo albar, rebolo albariño Carballo americano (Quercus rubra) Árbore da familia das fagáceas, que pode chegar aos 30 m de altura, coa casca lisa de cor gris prateada e follas máis grandes ca as do carballo. O carballo americano medra rápido. Carballo cerqueiro (Quercus pyrenaica) Árbore da familia das fagáceas, de ata 20 m de altura, con follas grandes de cor verde escura, cos lobos profundamente marcados, e landras con pedúnculo curto. O carballo cerqueiro é común en toda Galicia. SINÓNIMOS carballo cerquiño, carballo curpio, carballo negral, rebolo cerqueiro, rebolo negral Carballo cerquiño Carballo cerqueiro. O carballo cerquiño é moi abundante nos Pireneos. Carballo curpio Carballo cerqueiro. A leña do carballo curpio é moi bo combustible e produce carbón de moi boa calidade. Carballo negral Carballo cerqueiro. A paisaxe que conforma o carballo negral é máis sombriza ca a doutras especies do xénero.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!