cargar
Conxugar
Audio 1

cargar /verbos/cargar.html verbo transitivo1 Pór [unha carga] sobre un vehículo, un animal ou unha persoa. Chega ata aquí o tractor para cargarmos as patacas. ANTÓNIMO descargar OBSERVACIÓNS: Tamén se utiliza coa preposición con O burro non pode cargar con tantas cousas.2 Pórlle a carga a [un medio de transporte]. Cargar un camión. ANTÓNIMO descargar3 Pór en [un recipiente, receptáculo, aparello, instrumento] aquilo para o que está destinado ou a carga. Cargar un depósito, unha pluma. Cargar o revólver. ANTÓNIMO descargar4 Facer que [alguén] soporte algo que supón un peso, responsabilidade ou obrigación. Cargar alguén cunha culpa. Cargar os cidadáns de impostos.5 Dar ou tomar algo en abundancia. A nai cargouno de comida para a viaxe.6 Facer que [unha infusión, disolución etc.] sexa moi concentrada. Cargas moito o café e fáiseme forte.7 Facer que [o ambiente, a atmosfera] teña menos osíxeno. O fume foi cargando o ambiente.8 Anotar [un gasto] na conta de alguén. Isto cárgamo a min, que agora non teño cartos para pagarche. Cargáronme a factura na conta.9 Acumular enerxía eléctrica en [un aparello]. Cargar unha batería. Cargar o móbil.10 Informática Introducir [datos, programas] na memoria dun ordenador. Carga os arquivos no teu ordenador.11 Informática Transferir a un determinado espazo de Internet [un arquivo ou programa]. O arquivo ocupa moito e tardou en cargalo. SINÓNIMOS colgar, subir ANTÓNIMOS baixar, descargar verbo intransitivo12(cargar con) Deixar que recaia sobre si unha obrigación, culpa, responsabilidade. Eu non cargo con esa responsabilidade.13 Facer soportar o peso. A placa carga sobre as columnas.14 [Xente armada] emprender un ataque ou carga. A policía cargou con dureza contra os manifestantes.15 Exercer presión sobre algo para que se desprace ou ocupe menos espazo. Cárgalle ao botón. Cargarlle á roupa nunha maleta para que caiba máis.16 figurado Chover abundantemente. Aínda cargou ben esta tarde.17 figurado [Árbore froiteira] producir abundantemente. A pereira non cargou coma o ano pasado. verbo pronominal18 Chegar a ter en abundancia. Cargouse de fillos. Cargouse de razón. FRASES E EXPRESIÓNS CON cargar Cargar a man VÉXASE man Cargar o carro VÉXASE carro

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!