cargo
Audio 1

cargo substantivo masculino1 Delito ou culpa que se lle atribúe a alguén. Hai varios cargos contra el. SINÓNIMO acusación2 Función que desempeña unha persoa nunha oficina, organismo etc. Un cargo na Administración do Estado. SINÓNIMO posto3 Cantidade que se paga. Comproba os cargos que aparecen na conta bancaria. FRASES E EXPRESIÓNS CON cargo A cargo de 1 Baixo a responsabilidade de. Uns poucos nenos están a cargo das monxas. 2 Á conta de. Os gastos corren a cargo do Concello. Alto cargo 1 Cargo ou posto de moita importancia. Ocupa un alto cargo. 2 Persoa que ocupa este cargo. Traballa como chofer para un alto cargo da compañía. Ao meu (teu, seu…) cargo Baixo a miña (túa, súa…) responsabilidade ou coidado. Os alumnos quedan ao teu cargo. Cargo de conciencia Motivo para sentirse culpable de algo. Prefiro cumprir co meu deber e non ter cargo de conciencia. Facerse cargo (de) 1 Encargarse, pórse á fronte. Faite cargo dos nenos esta tarde. 2 figurado Solidarizarse cos problemas ou as preocupacións de alguén. Cando lle morreu o pai, os profesores fixéronse cargo da situación e desculparon o seu comportamento nas clases.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí