carne
Audio 1

carne substantivo feminino1 Parte mol do corpo humano e dos animais vertebrados, constituída principalmente polos músculos. A carne e os ósos. O salmón ten a carne rosada.2 Parte mol dos animais mamíferos e aves, particularmente a comestible das reses, en oposición á do peixe. A carne gústame de calquera maneira, pero non che son moi amigo do peixe. Carne asada. Carne guisada.3 Parte mol da froita, cuberta pola pela. O pexego ten a carne moi doce. SINÓNIMOS magalla, polpa4 Relixión Parte material do home, por oposición co espírito, inclinada ao sensual e á luxuria. Os pecados da carne. FRASES E EXPRESIÓNS CON carne Carne de galiña Alteración da pel producida por una sensación de frío ou arrepío. Esas historias de medo póñenme a carne de galiña. SINÓNIMO pel de galiña Carnes mortas Tendóns, membranas ou anacos de carne de menor calidade ca as pezas que resultan de cuartear unha res, en particular os que se atopan no porco, entre o costelar e o touciño. Non aproveitou as carnes mortas. En carne viva Aberto, sen o revestimento da pel [ferida, chaga]. De tanto rozarlle o zapato, chegou co pé en carne viva. Non ser carne nin peixe De carácter non definido. Propuxeron un candidato de consenso que non é carne nin peixe. Ser uña e carne VÉXASE uña

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!