carocha
Audio 1

carocha substantivo feminino1 Vaíña que cobre a espiga do millo. De pequeno durmía nun berce que tiña un colchón cheo de carochas. SINÓNIMOS caracocha, caroca, carrupa, concho, cosco, coucho, croucho, cuncho, follada, follato, follo2 Raíz do nabo. Cortou unhas cantas carochas para dárllelas aos cochos. SINÓNIMO cachola3 Parte do toro dunha árbore que sobresae da terra cando se corta esta. Apañou unha boa presa de capelos que había de par dunha carocha. SINÓNIMOS cachopa, cachopo4 Invólucro de certas flores. Andou a rolos pola herba e trouxo unha chea de carochas pegadas á chaqueta.5 Oco que forma o tronco vello dunha árbore ou unha rocha. Arrimámonos os tres e agardamos que estease metidos nunha carocha da praia de Centroña. CONFRÓNTESE caracocha, caroca6 Tronco vello dunha árbore. Do samo da carocha do castiñeiro non quedaba nada; a auga e a traza levárano todo. SINÓNIMOS caracocha, caroca7 Moeda de cobre de cinco céntimos. Iso non vale nin unha carocha. SINÓNIMOS cadela, can2, can pequeno8 Anaco de pan con codia. Destas carochas ben que houbera noutro tempo. SINÓNIMOS carocho, codecha, codela, codelo, codia, corrosco CONFRÓNTESE cantelo, carolo, rocho29Carapola Non rañes nas carochas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!