carolo
Audio 1
Audio 2

carolo substantivo masculino1 Parte interior da mazaroca do millo á que están unidos os grans. Queimou uns carolos para catar os cortizos. SINÓNIMOS cadolo, canoto, cañoto, carón, carozo2 Parte interior e central das froitas que non teñen carabuña, como a mazá ou a pera. Quítalle o carolo á pera. SINÓNIMOS cadrozo, canoto, cañoto, carozo, corazón3 Espiga de millo pequena ou con poucos grans. Os carolos non os gardan no hórreo. SINÓNIMOS concho, coucho, croucho, cuncho4 Vulto na cabeza producido por un golpe. Arrimarlle unha culler ao carolo é un bo remedio para que non medre máis. SINÓNIMOS coque1, croque1, pote5 Casca de fóra e máis tenra que envolve certos froitos. O carolo da noz mancha os dedos de negro.6 Noz verde. Hai veces que os carolos aparecen picados das pegas.7 Terrón duro que levanta o arado ou o legón. Trollar tamén é desfacer os carolos. SINÓNIMOS cadabullo, cadolo, cadullo, cotellón, cotillón2, coucillón, coudullo8 Brote do repolo. Apañou uns poucos carolos para facer o caldo. CONFRÓNTESE xeno9 Anaco de pan con codia, en particular o cortado por unha beira ou pola parte de arriba. Deulle ao neno un caroliño de boroa. SINÓNIMOS cantelo, rocho2 CONFRÓNTESE carocha, carocho, codecha, codela, codelo, codia, corrosco10 Anaco de pan de trigo que regalan os noivos o día da voda. Aínda nos deron algo máis ca un carolo.11 (Alca torda) Tipo de arao de peteiro negro, cunha lista vertical branca. Xuraría que era un carolo aquel que vin no peirao de Oza.12 coloquial Cero, como cualificación dun exame. Como non estudes vas ter un carolo. FRASES E EXPRESIÓNS CON carolo Coma un carolo Nu, espido, limpo. Vímolo atravesar o río coma un caroliño, e desaparecer entre o ameneiral. Quedar para cocer o carolo 1 Quedar nunha situación desfavorable. Algúns por non andar lixeiros, quedan para cocer o carolo. 2 [Muller] quedar sen ningunha traza de casar. Non quixo aquel mozo e quedou para cocer o carolo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!