carreira
Audio 1

carreira substantivo feminino1 Acción de desprazarse a pé con rapidez, dando pasos longos e elevando un pé antes de pousar o outro. Tivemos que botar unha carreira para chegar a tempo. Levei unha boa carreira para chegar ao autobús. SINÓNIMO corrida2 Competición deportiva de velocidade. Carreira de cabalos. Carreira de coches. SINÓNIMO corrida3 Camiño estreito. Meteuse co gando por unha carreira para chegar ao prado. CONFRÓNTESE carreiro1 OBSERVACIÓNS: Nalgúns lugares a carreira é máis larga ca o carreiro, entendéndose que polas carreiras poden pasar os carros, e polos carreiros non4 Conxunto de estudos, particularmente os superiores, que capacitan a alguén para o exercicio dunha profesión. Empezou a carreira de enxeñeiro.5 Actividade profesional. Durante a súa carreira de médico nunca atendeu un caso parecido.6 Liña de puntos que se soltan nun tecido. Levas unha carreira nas medias.7 Fila de herba que se forma ao segar. Segou dúas carreiras coa gadaña. FRASES E EXPRESIÓNS CON carreira Á carreira locución adverbial Correndo moito. Faino con vagar, porque as cousas feitas á carreira saen mal. SINÓNIMO ás carreiras Ás carreiras Á carreira. Chegamos alí ás carreiras, sen folgos. Facer carreira Prosperar, triunfar, acadar unha posición de prestixio nunha profesión ou actividade. Axiña fixo carreira como avogado. Nunha carreira locución adverbial Empregando pouco tempo en facer algo. Iso pouco traballo é, faise nunha carreira. SINÓNIMO axiña Unha carreiriña dun can Unha distancia curta. Vive aí ao lado, desde aquí haberá unha carreiriña dun can.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!