carta
Audio 1

carta substantivo feminino1 Escrito que se envía a alguén, xeralmente dentro dun sobre, para comunicarlle algo. Escribiulle unha carta para comunicarlle a súa decisión. Botou as cartas na caixa do correo. CONFRÓNTESE misiva2 Cada unha das cartolinas que compoñen a baralla. Xogar ás cartas. SINÓNIMO naipe3 Tarxeta que identifica unha persoa ou demostra a súa pertenza a unha determinada sociedade, centro etc. Carta de estudante. SINÓNIMO carné4 Lista dos pratos e das bebidas que se poden consumir nun restaurante, acompañados do seu prezo. Pedir a carta. SINÓNIMOS menú, minuta Carta de viños.5Mapa Dunha carta atopada o século pasado, dedúcese que nesa zona existía unha illa. FRASES E EXPRESIÓNS CON carta A carta cabal No grao máis alto. Era un home honrado a carta cabal. Á carta Segundo o gusto do interesado. Son cursos á carta, podes escoller as conferencias que queiras. Botar as cartas Adiviñar o futuro por medio das cartas. A que lle botou as cartas díxolle que ía ter moitos fillos. Carta aberta Carta dirixida a un particular que se difunde nun medio de comunicación. Carta aberta ao presidente. Carta astral Representación da posición dos astros no momento do nacemento dunha persoa. Segundo a súa carta astral, o seu ascendente é Virxe. Carta branca Autorización que se lle dá a alguén para que actúe segundo o seu criterio. Ten carta branca para organizar o traballo. Carta de despedimento Notificación por escrito na que unha empresa lle comunica a un traballador que foi despedido. Acaba de recibir a carta de despedimento e agora vai para o paro. Carta magna Lei fundamental e suprema dun estado, que contén normas sobre a formación dos poderes públicos, dereitos e deberes dos seus cidadáns etc. A Constitución aprobada en 1978 é a carta magna de todos os españois. Carta náutica Plano a escala dunha extensión de mar e das súas costas, onde aparecen os datos relevantes para a navegación. O patrón trazou o rumbo axudándose da carta náutica. Carta pastoral VÉXASE pastoral Dar carta branca Conceder liberdade de actuación. O director deulle cartra branca para que resolvese o problema como mellor lle parecese.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!