casa
Audio 1

casa substantivo feminino1 Construción destinada a vivenda. Os ladróns non conseguiron entrarlle na casa. Os iglús son as casas de xeo dos esquimós. CONFRÓNTESE domicilio, morada, vivenda Antes de que sexa noite quérote ver na casa. Vive nunha casa dos arredores.2 Edificio destinado a determinados usos, que non sexan vivir nel. Casa da xuventude. Casa do mar.3 Empresa comercial. Unha casa de discos.4 Conxunto de membros dunha familia, especialmente se é fidalga, nobre ou real. A casa dos Andrade. SINÓNIMO familia5 Espazo dunha táboa, taboleiro, formulario etc., normalmente cuadrangular e separado por liñas. Asine na casa número oito. As torres do xadrez están nas casas das esquinas.6 Deporte Campo propio. Esta fin de semana o equipo xoga na casa. FRASES E EXPRESIÓNS CON casa Casa cuartel Posto da Garda Civil que inclúe vivendas para os seus membros e familias. Vive con toda a familia na casa cuartel. Casa de beneficencia Lugar de acollida para persoas sen recursos. Quedou sen familia e vive nunha casa de beneficencia. CONFRÓNTESE asilo Casa de citas VÉXASE cita Casa de fóra Casa que non é a propia. Tes que aprender a comportarte nas casas de fóra. Casa de lenocinioProstíbulo Recoñeceu que estivera nunha casa de lenocinio. Casa de putas 1 popularProstíbulo Frecuentaba as casas de putas da capital. 2 figurado Lugar de desorde e confusión. Aquí non se sabe quen manda, isto é unha casa de putas. Casa grande Casa de xente rica ou máis importante dun lugar. Eran famosas as festas que facían os da casa grande. Casa patrucial Casa do patrucio dunha familia. Cando se quería reunir toda a familia, xuntábanse na casa patrucial. Casa real Persoas que forman parte da familia real. Leron un comunicado da casa real que anunciaba a voda do príncipe. Casa terreña Casa pequena de planta baixa. Vive nunha preciosa casa terreña. Da casa Feito na casa. Comín un queixo da casa que saíu moi bo. SINÓNIMO caseiroVoz actualizada 2018-05-22 12:14:55 Incluíuse a frase "casa de citas"

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!