caso
Audio 1

caso substantivo masculino1 Toda situación ou circunstancia posible. En caso de dúbida pregúntalle ao profesor. Perdoa que cho diga, pero neste caso non tes razón.2 Aquilo que sucede ou acontece. Pasounos un caso que non o ides crer.3 Cousa determinada na que se está interesado ou da que se ocupa alguén. Un caso difícil de resolver. O caso xa está nas mans do avogado. SINÓNIMO asunto4 Gramática Cada unha das formas de variación que teñen algunhas palabras en certas linguas, para expresar a relación en que están con outras dentro dunha unidade lingüística superior. O latín ten seis casos. FRASES E EXPRESIÓNS CON caso Caso clínico 1 Medicina Manifestación individual dunha enfermidade, sobre todo cando non é habitual. Un grupo de médicos especialistas interesouse por ese caso clínico. 2 por extensión Persoa cun comportamento fóra do normal. Déixao, éche un caso clínico. En calquera caso Sexan cales sexan as circunstancias que se dean. Aínda que non esteades de acordo, en calquera caso, tedes que cumprir as ordes. SINÓNIMOS de calquera maneira, de todas as maneiras En todo caso Se hai algunha dúbida. Non sei se estará ao tanto; en todo caso pódeselle mandar un telegrama. Facer caso Prestar atención a alguén. Non lles fai caso aos amigos. Falar ao caso Dicir as cousas oportunas conforme a unha determinada circunstancia. Falou ao caso e tiña moita razón. Facer caso de (algo) Lembrar, vir algo á memoria. Agora mesmo non fago caso de verte aquí. Facer caso omiso Non facer caso. Fixo caso omiso da súa advertencia. Poñer por caso Supoñer, pór por exemplo. Poño por caso que non chegaras cando ocorreu, como te decataches do roubo? Ser do caso Ter relación co asunto do que se trata, ser importante ou oportuno. Todo o que dis non é do caso. SINÓNIMOS vir a conto, vir ao caso Ser un caso Ser unha calamidade, referido a persoas. Ese rapaz é un caso. Vir ao caso Ser do caso. Esa explicación non vén ao caso.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!