castigar
Conxugar
Audio 1

castigar /verbos/castigar.html verbo transitivo1 Impor a [alguén] un sufrimento físico ou moral como pena por cometer unha falta ou delito. Antigamente castigaban os delincuentes colgándoos polos polgares. SINÓNIMO punir Castigárono durante un mes por chegar tarde á clase.2 Corrixir [unha falta] mediante un castigo. Os electores castigaron cos seus votos as mentiras do presidente. Castigaban a insurrección coa pena de morte.3 Producir dor ou alteración negativa en [alguén ou algo]. Durmiamos nun leito que nos castigaba as costelas. A seca castiga os campos.4 Corrixir ou eliminar as imperfeccións de [unha obra]. Como novelista é moi perfeccionista, reescribe e castiga os seus escritos coidando ao máximo a súa prosa. Estamos creando unha capa riba da madeira, que despois teremos que castigar coa lixa.5 Esixir ao máximo a [un animal]. Estamos na recta de chegada; os jóckeys castigan os cabalos. verbo pronominal6 Imporse a si mesmo unha pena, unha mortificación. Deixa que ben me castigue e faga penitencia polas miñas tolerías. Non te castigues máis, ti non tes a culpa. SINÓNIMOS atormentarse, martirizarse, mortificarse, torturarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!