causa
Audio 1

causa substantivo feminino1 Aquilo que produce ou ten como consecuencia certa cousa ou suceso. A causa do accidente foi un fallo nos freos. SINÓNIMOS motivo, orixe Cal é a causa de vires aquí? SINÓNIMOS motivo, porqué, razón Non se coñece a causa desa enfermidade. SINÓNIMOS orixe, raíz2 Dereito Disputa de dúas partes ante un xuíz para que este dite quen ten a razón. A causa quedou vista para sentenza. SINÓNIMOS preito, xuízo3 Conxunto de intereses que se defenden e polos que se loita. Defender a causa obreira. FRASES E EXPRESIÓNS CON causa A causa de locución preposicional Tendo como causa a cousa ou persoa que se expresa. A causa da chuvia suspendeuse o concerto. SINÓNIMOS debido a, por causa de, por culpa de, por mor de Causa eficiente Filosofía Causa que produce ou crea. A causa eficiente é unha das catro causas propostas por Aristóteles. Causa perdida Propósito con poucas ou ningunha posibilidade de éxito. Dar a vida por causas perdidas. Con coñecemento de causa VÉXASE coñecemento Digno de mellor causa Que se inviste nun asunto ou persoa que non o merece. Levou a cabo un esforzo titánico, digno de mellor causa. Facer causa común Unirse cun propósito compartido. Nai e filla fixeron causa común para tratar de resolver o conflito. Poñer en causaCuestionar O escándalo de corrupción provocou que se puxese en causa a continuidade do presidente. Por causa locución preposicional Tendo como causa a persoa que se expresa. Por causa túa non puiden saír. Por causa de locución preposicional A causa de. Sempre chega tarde por causa del. Xusta causa Dereito Argumento lexítimo, fundamentado nun contrato, acordo, lei etc. Despedimento por xusta causa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí