celebrar
Conxugar
Audio 1

celebrar /verbos/celebrar.html verbo transitivo1 Facer gabanza de [algo ou alguén] salientando publicamente as súas calidades, méritos, actitudes etc., e manifestando a satisfacción que se sente. Todos celebramos o civismo con que se desenvolveu a xornada electoral. Os espectadores celebraron a profesionalidade dos actores con continuos aplausos. CONFRÓNTESE eloxiar, gabar, loar2 Levar a cabo con certa solemnidade. Celebrou a voda con gran pompa. SINÓNIMO festexar3 Realizar algún acto, cerimonia etc., para lembrar [algún acontecemento ou unha persoa]. Celebrar o aniversario da morte de Castelao. A Universidade compostelá celebra o seu V Centenario. SINÓNIMO conmemorar4 Alegrarse [por algunha cousa boa que lle sucedeu a alguén]. Celebro que che vaia ben.5 Realizar un sacerdote [os actos de culto, principalmente o oficio divino]. O domingo celebrará a misa máis cedo do habitual. SINÓNIMOS dicir, oficiar CONFRÓNTESE misar

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!