cera
Audio 1

cera substantivo feminino1 Substancia mol, amarelada e fusible, que segregan as abellas para construír os seus favos e se emprega especialmente na fabricación de candeas. Unha estatua de cera.2 Bioquímica Substancia de orixe vexetal ou animal, sólida, insoluble en auga e que se volve pastosa doadamente pola acción da calor, constituída por ésteres de ácidos graxos e alcois. Moitos vexetais, especialmente palmas, teñen tecidos superficiais impermeabilizados cunha capa de cera semellante á da abella. Hai ceras vexetais e animais, como a das abellas.3 Substancia segregada polo conduto externo do oído. Foi ao médico para que lle quitasen un tapón de cera. SINÓNIMOS cera do oído, cerume4 Líquido transparente e viscoso que segrega a vaca ao premerlle un teto, cando non ten leite. A vaca non vale para muxir porque só bota cera.5 Preparado que se obtén da mestura de cera coa esencia de resina de certas árbores e que se utiliza para darlles brillo ao piso das casas e aos mobles. Acabo de pasarlle a cera ao teu cuarto. FRASES E EXPRESIÓNS CON cera Cera do oído Cera (acepción 3). A cera do oído serve de protección.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!