cerco

cerco1 substantivo masculino1 Acción e efecto de cercar. Gastaron moitos cartos no cerco da viña.2 Bordo ao redor de algo. As casas formaban un cerco arredor da praza oval. Un cerco de luz envolvía o pazo.3 Operación mediante a cal se cerca unha vila, praza etc. Someteron aos habitantes da cidade a un duro e longo cerco. SINÓNIMO asedio CONFRÓNTESE bloqueo Forma menos recomendable: sitio24 Sucesión de accións que producen presión sobre unha persoa ou organización. O cerco ao que foi sometido o presidente acabou coa súa demisión.5 Arte de pesca consistente en facer un círculo coa rede ao redor do peixe. Largar para facer o cerco.6 Rede utilizada para a arte de pesca do mesmo nome. As sacadas, os cercos e as traíñas eran redes de gran capacidade extractiva.Voz actualizada 2018-03-06 11:21:47 Modificouse a redacción da entrada

cerco

cerco2 substantivo masculino Zooloxía Cada un dos apéndices sensoriais, situados no abdome dalgúns insectos. Os cercos das larvas dos escaravellos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!