certo, certa
Audio 1
Audio 2

certo (feminino: certa) adxectivo1 Conforme á verdade, que non ofrece dúbida. Iso que dis non é certo. Os rumores son certos. SINÓNIMO verdadeiro ANTÓNIMOS falso, incerto CONFRÓNTESE auténtico2 Que se vai producir ou suceder. Esa será unha vitoria certa. SINÓNIMO seguro3 Que ten a certeza absoluta. Estou certo do que me dixo. SINÓNIMO seguro indefinido4 Que non se expresa pero que se coñece. O culpable disto é certa persoa da que non quero dicir o nome. Certos temas é mellor non tocalos.5 Que non se coñece con certeza ou que é difícil de precisar. Certos membros votaron non. En certa maneira tes razón. adverbio6 Con certeza. -Entón fuches ti o que petou á porta? -Certo. FRASES E EXPRESIÓNS CON certo A ciencia certa VÉXASE ciencia De certo locución adverbial Con certeza. De certo que fuches ti? SINÓNIMO abofé Estar no certo Ter razón. O presidente está no certo ao dicir que xa nos advertira con antelación. Por certo Úsase para pór algo en relación co que se dixo. Estiven con teu curmán; por certo, deume recordos para ti.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!