chamada
Audio 1

chamada substantivo feminino1 Acción de facer chamar a atención de alguén mediante a voz, un signo ou xestos para que se acerque ou preste atención. Escoitou unha chamada de socorro. Non fixo caso da chamada da súa nai. A chamada da campá da igrexa.2 Acción de invitar alguén a comunicarse telefonicamente con quen fala. Non quixo responder á súa chamada aínda que o teléfono soaba continuamente.3 Acción de invitar alguén para dirixirse a un lugar determinado ou a realizar unha acción. Chamada a filas. Chamada á concordia.4 Atracción que se sente cara a algo. A chamada da terra. A chamada do sacerdocio. A chamada da carne.5 Cifra ou signo tipográfico que se pon nun escrito que reenvía a unha nota coa mesma referencia. Ese inciso é mellor que non o poñas no texto; fai unha chamada.6 Acción de pronunciar en voz alta o nome das persoas que se deben atopar nun lugar para verificar a súa presenza. O presidente do tribunal anunciou que ía proceder á primeira chamada dos concursantes. FRASES E EXPRESIÓNS CON chamada Chamada ás armas Invitación a tomar as armas (para a guerra, unha insurrección...). A chamada ás armas do goberno norteamericano. Chamada de atención Advertencia que se lle fai a alguén para que cambie de actitude. Xa lle fixeron dúas chamadas de atención. SINÓNIMO toque de atención Chamada nominal Acción de chamar cada un dos membros dunha asemblea para que emita o seu voto. A chamada dos señores deputados comezará pola letra C.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!