chan, chá
Audio 1
Audio 2

chan (feminino: chá) adxectivo1 Sen desniveis, igual en todas as súas partes [terreo, superficie]. Un terreo chan. SINÓNIMO chairo ANTÓNIMOS abrupto, escabroso CONFRÓNTESE liso, plano12 [Mar] calmo, sen ondas. O mar estaba chan e a viaxe foi pracenteira.3 figurado Sinxelo, natural. Unha persoa chá. Unha linguaxe chá. substantivo masculino4 Superficie que pode ser pisada polas persoas e polos animais e que pode servir de apoio para as cousas. Caeume o bolígrafo ao chan. Sentou no chan. A cociña tiña o chan de lousa. CONFRÓNTESE solo15 Superficie plana do hórreo, do carro etc. O chan do hórreo é de perpiaños.6 Parte superficial da codia terrestre, especialmente a dedicada ao cultivo. A explotación do chan. SINÓNIMOS solo1, terra7 Extensión de terra chá. O chan das Lamas está en Carnota. CONFRÓNTESE altiplano, chá, chaeira, chaela, chaila, chaira, chanceira, chancela, planicie FRASES E EXPRESIÓNS CON chan Co ánimo polo chanDeprimido Esta doenza deixoume co ánimo polo chan. Deixar polo chan Poñer en evidencia os defectos de [alguén ou algo]. Con aquela crítica feroz, deixaron o seu traballo polo chan. Se soubeses o que dixo de ti! Deixoute polo chan. SINÓNIMO poñer (pór) polo chan Ir ao chanCaer Tropezou e foi ao chan de fuciños. Levantarse do chan Saír alguén dunha situación difícil. Despois da morte da súa muller, botou moito tempo sen levantarse do chan. Quedou moi endebedada e custoulle moito levantarse do chan. Poñer (pór) polo chan Deixar polo chan. Respondeulle dunha maneira contundente e púxoo polo chan. Ter (poñer) os pés no chan Ser (volverse) realista. Ten os pés no chan e non vive nun mundo de ensoñacións.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!