chave
Audio 1

chave substantivo feminino1 Instrumento de metal, de distintas formas e tamaños, que se introduce nun fecho para abrilo ou cerralo. Perdín as chaves da casa.2 figurado Aquilo que constitúe a explicación dunha cousa que se expresa, o que permite acceder a ela. A constancia é a chave do seu éxito. Descubrir a chave do misterio. SINÓNIMO clave3 Aparello que serve para abrir ou cerrar o paso dun fluído por un conduto. Abrir a chave da auga. SINÓNIMO chave de paso CONFRÓNTESE billa4 Peza dun circuíto eléctrico con que se abre ou cerra o paso da corrente. Está escuro, non atopo a chave da luz. SINÓNIMO interruptor5 figurado Cousa da que o coñecemento ou a realización son necesarios para poder pasar a outra. Esta materia é chave para outra do curso seguinte.6 Ferramenta que serve para apertar ou afrouxar parafusos ou porcas. A chave é moi pequena para este parafuso.7 Música Peza que nalgúns instrumentos musicais de vento serve para pechar ou abrir os buratos por onde sae o aire. O óboe pode ter entre dúas e trece chaves.8 Signo ({}) con que se abrangue na escrita un conxunto de palabras, frases, cifras etc. Abrir unha chave.9 Xogo popular que consiste en lanzar unhas pezas de metal redondas e planas e acertarlle a outra peza de metal máis grande, que está fincada no chan a certa distancia e que ten diversas formas segundo as zonas. A chave é un xogo que se está recuperando.10 Peza deste xogo que se finca no chan. Non ten puntaría para atinarlle á chave.11 Deporte Medio utilizado por un loitador para inmobilizar ou derrubar o adversario. Unha chave de judo. FRASES E EXPRESIÓNS CON chave Ama de chaves VÉXASE amo Baixo chave En lugar pechado con chave. Na Idade Media os libros adoitaban estar baixo chave para evitar o seu roubo. Gardou baixo chave a caixa de DVD onde conservaba toda a documentación. Baixo sete chaves Moi ben gardado e seguro. Gardou as xoias baixo sete chaves. Botar a chaveFechar Bota a chave cando saias da casa. Chave de acceso Informática Código secreto utilizado para restrinxir o acceso a un dispositivo ou a un sistema informático aos usuarios autorizados. Para entrar na aplicación cómpre introducir a identificación e a chave de acceso. SINÓNIMOS clave de acceso, contrasinal Chave de contacto Dispositivo para activar o circuíto eléctrico dun vehículo, que permite arrincalo e mantelo en marcha. Cando reposte combustible, poña a chave de contacto en posición de parada ou retírea. Chave de paso Chave (acepción 2). Non tiñan auga porque estaba pechada a chave de paso. Chave electrónica Informática Dispositivo electrónico que amosa códigos e contrasinais que permiten identificar un usuario. Precisas unha chave electrónica para levar a cabo as operacións bancarias por Internet. Chave inglesa Ferramenta á que se lle poden graduar as dúas partes que constitúen a cabeza, para suxeitar a peza que se quere apertar ou afrouxar. Colle a chave inglesa para afrouxar a porca. Chave mestra Chave que abre e cerra todas as pechaduras dun lugar. Nos hoteis adoita haber unha chave mestra que abre todos os cuartos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!