chegado, chegada
Audio 1
Audio 2
Audio 3

chegado (feminino: chegada) participio1 Participio do verbo chegar. adxectivo2 Que chegou. Démoslles a benvida aos nenos chegados do Sáhara. As innovacións chegadas da China.3 [Froito] que está xa totalmente formado e alcanzou o sabor e a cor característicos. Apaña os pexegos que xa están chegados. SINÓNIMO maduro ANTÓNIMO verde substantivo4 Persoa que chegou. Tivemos que prepararlles a cea aos chegados pola noite. substantivo feminino5 Acción e efecto de chegar a un lugar. Desde a chegada do irmán anda máis leda. A súa chegada está prevista para as cinco horas. ANTÓNIMOS marcha, partida, saída6 Aparición, comezo. A chegada do verán.7 Lugar ao que se chega. A chegada está a cinco quilómetros. A chegada dos avións de Iberia en Madrid está na terminal catro. CONFRÓNTESE meta ANTÓNIMO saída FRASES E EXPRESIÓNS CON chegado Estar chegada Estar en estado de xestación moi avanzado. Por como ten a barriga xa debe estar chegada.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí