chimpar
Conxugar
Audio 1

chimpar /verbos/chimpar.html verbo transitivo1 Facer que caia ao chan [algo ou alguén contra o que se exerce un impulso]. OBSERVACIÓNS: Úsase tamén coa preposición “con” Chimpou con el ao chan Deulle unha pancada e chimpouno no chan. SINÓNIMOS guindar, tirar2 Lanzar con violencia [algo ou alguén]. Chimpouno pola ventá. SINÓNIMOS cimbrar, guindar, tirar3 Lanzar [algo] de golpe, de súpeto. Chimpeille un bico na boca.4 familiar Obrigar [a alguén] a abandonar un sitio. Chimpárono do traballo. SINÓNIMOS botar1, expulsar5 coloquial Quitarlle a alguén [algo que lle pertencía]. Cando se deu conta xa lle chimparan vinte mil pesos.6 coloquial Tragar rapidamente e con avidez. Mentres estivemos alí chimpou máis de media botella de viño. SINÓNIMOS engulipar, engulir verbo intransitivo7 Dar un chimpo. Chimpou para enriba da mesa. SINÓNIMOS brincar, choutar, pinchar, saltar verbo pronominal8 Botarse, collendo ou non impulso, desde un sitio alto. Chimpouse ao patio desde o balcón. SINÓNIMOS lanzarse, tirarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí