chispa
Audio 1
Audio 2

chispa substantivo feminino1 Partícula incandescente que salta dun corpo que se está queimando. Botou unha rama de loureiro no lume que facía chispas. CONFRÓNTESE charamela, charamona, charamusca, charamuza, chareta, faísca, moxena, muxica2 Partícula incandescente que salta dun corpo que é golpeado ou rozado por outro. Saltaban chispas da pedra de afiar. SINÓNIMO faísca3 Descarga eléctrica que se pode producir cando hai tormenta e que se realiza a través do aire, entre dúas nubes ou entre dúas nubes e a terra. Unha chispa tronzou a árbore. Houbo chispas e tronos. SINÓNIMO raio CONFRÓNTESE alustro, relampo4 Desprendemento de luz e enerxía producido polo contacto de dous condutores eléctricos ou polo choque de dúas correntes eléctricas opostas. O transformador empezou a botar chispas. SINÓNIMO chispazo5 coloquial Agudeza de inxenio. Carlos tiña moita chispa, e daba gusta escoitalo, mesmo cando discutía con alguén.6 coloquial Intoxicación etílica que produce un estado de alegría ou euforia. Saíron cantando da taberna, xa levaban unha boa chispa. FRASES E EXPRESIÓNS CON chispa Botar chispas Manifestar moita ira ou enfado. Non vaias xunta do Xiao, que está que bota chispas. Ser coma unha chispa Ser moi listo e espelido. Demo de cativo!, para o que quere é coma unha chispa. SINÓNIMO ser coma un allo Ter mala chispa Ter mal xenio. Ten moi mala chispa, non se lle pode reprochar nada.

chispo, chispa
Audio 1
Audio 2
Audio 3

chispo (feminino: chispa) adxectivo Que está eufórico a causa da bebida. Como tome un par de cuncas xa se pon chispo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!